Luxuria: A dalo todo!


Enténdese por luxuria o deleite excesivo nos praceres carnais. E en noites de luxuria rematan moitas veces as saídas nocturnas dos xoves santiagueses. Pero atopar a alguén con quen pecar require para moitos destes rapaces un ritual preparatorio digno de ser amosado en imaxes.Este ritual comeza case case sempre nunha tenda de roupa das múltiples cadeas téxtiles que asolagan o panorama comercial santiagués. Pero o punto álxido chega coa xuntanza na Alameda, que é un dos parques emblemas da cidade, pero tamén o lugar destinado para o “botellón”. Aquí comezan a misturarse o alcol coas ganas de festa para contribuir a elevar o ton sexual da noite, que seguramente dará os seus froitos nalgun dos pubs ou discotecas da capital, que se dividen en dúas zonas: a vella (no Casco Antigo, en torno á Catedral) e a nova (nas rúas do Ensanche).Bea, Paula, Ana e Óscar, catro universitarios, son os encargados de amosarnos como se transforman os xoves para a luxuria das noites compostelás. Como se prepara un para o pecado.

Autores: Fátima Jardón Magdalena, Eloy Rivera Seara, Elena Rodríguez Feijóo, Mónica Rodríguez Goya

Música: Un intento más. Eduardo Cava.


About this entry