Envexa: O diñeiro é amarelo
“Son moi rarosâ€, “Non mandan os nenos ao colexioâ€, “Non cumpren os horariosâ€, “Dormen nas tendasâ€, “Non pagan impostosâ€â€¦ ¿Adiviñades de quen falan estas voces? Si, dos chinos, unha comunidade que dende hai uns anos convive con nós, compartindo espazos. Cóbado con cóbado, xuntos pero non revoltos. E coma sempre, onde non hai roce hai prexuizos e linguas que se botan a pacer. O certo é que as acusacións contra eles proliferan en Santiago tanto coma os propios chinos -121 empadroados en 2007, o terceiro grupo de estranxeiros na cidade-.
Primeiro foron os restaurantes, despois os bazares. En España podemos atopar máis de 10000 empresas de titularidade china: 4000 restaurantes, máis de 3000 tendas de “todo a 1 euroâ€, almacéns, tendas de fotografÃa… En Santiago o protagonismo lévano os bazares: cóntanse ao redor dunha decena (a maiorÃa no Ensanche), fronte aos tradicionais “todo a 100†galegos, que apenas chegan aos 5 establecementos na capital. Como apuntaban algúns titulares, máis locais e máis metros cadrados que Inditex.
Negando de base o racismo, unha pregunta asalta as nosas conciencias: ¿que nos move a criticar o enriquecemento do imperio do bazar chino máis que – por exemplo- o de outros imperios textÃs galegos? ¿Será a envexa? No comercio buscamos a resposta…
About this entry
You’re currently reading “ Envexa: O diñeiro é amarelo ,” an entry on Os 7 pecados da capital
- Published:
- 5.6.08 / 10am
- Category:
- Envexa

No comments
Jump to comment form | comments rss [?] | trackback uri [?]