Luxuria: Erotismo de mercado


Ver mapa más grande

Moita xente soña a diario con poder vivir do conto ou do aire, pero plantexáchete algunha vez poder vivir do pecado? E da LUXURIA? Pois seguramente está moito máis ao teu alcance.
Algúns establecementos comerciais de vangarda fan negocio a conta das noutrora denominadas “baixas paixóns” ou “instintos básicos”. Nós amosámoche tres deles: unha tenda erótica, unha pastelería e un restaurante. Son negocios que permiten, por un prezo variable, que cada quen poda animar a súa líbido como mellor lle pareza. Unha sorte de erotismo de mercado que se expande a bo ritmo polas nosas cidades e vilas, incitando a pecar… Quen poderá resistirse?

Fátima Jardón Magdalena, Eloy Rivera Seara, Elena Rodríguez Feijóo, Mónica Rodríguez Goya


About this entry